
Goza do mellor Queixo San Simón da Costa. Elaborado pola Quesería Casleiras, este queixo de San Simón, tamén chamado de tetilla, é un dos mellores e máis saborosos que podes atopar na cociña galega.
Queixo San Simón da Costa. Un queixo DOP afumado
Grazas á súa calidade e marabilloso sabor, este queixo da Terra Chá (integrado polos concellos de Vilalba, Muras, Xermade, Abadín, Guitiriz, Begonte, Castro do Rei, Cospeito e Pastoriza) recibiu no ano 2008 a protección outorgada por pertencer a Denominación de Orixe Protexida.
A clave da fama deste tipo de queixos conseguiuse en gran parte polo seu sabor equilibrado e as particularidades que aporta o seu proceso de afumado.
Como se elabora o queixo San Simón?
Para elaborar este magnífico queixo utilízase leite dalgunhas das mellores vacas galegas: rubia, frisona e os seus distintos cruces. Pero o que realmente define o proceso de elaboración destes queixos é o proceso de afumado mediante o cal se consegue a súa peculiar casca. Para iso utilízase a leña dunha árbore moi abundante na zona: o bidueiro. Proceso mediante o cal se consegue ese sabor único.
CARACTERÍSTICAS
- Queixo de vaca afumado con bidueiro
- Característico pola súa peculiar forma de gota
- O queixo San Simón está protexido pola DOP San Simón da Costa
PRESENTACIÓN
- 1 queixo cun peso aproximado de 1 kg
Descubre todos os queixos galegos que podes atopar na tenda online de Embutidos Montepicato