
Delicioso xamón curado do Porco Celta, cortado a coitelo e presentado en sobres de 100 gr.
SABOR AUTÉNTICO DA RAZA AUTÓTINA
O Porco Celta é unha raza autóctona de Galicia , recoñecida pola calidade excepcional da súa carne, rica en Omega 3 grazas á súa xenética e dieta natural. Criado en liberdade, aliméntase de castañas e outros recursos do campo, o que potencia o seu sabor único. Os xamóns son curados durante 36 meses, acadando unha textura e un aroma inigualables que reflicten a esencia desta raza única.
SOMOS UN OPERADOR AUTORIZADO
O Porco Celta , unha raza porcina autóctona de Galicia, está catalogada como especie ameazada segundo o Catálogo Oficial de Razas Gandeiras de España. A súa carne, moi apreciada polo seu sabor intenso e textura suculenta, é a base de produtos exclusivos como o xamón de Porco Celta .
A etiqueta de “raza autóctona” Porco Celta garante que as carnes e embutidos proceden exclusivamente desta raza, garantindo a súa calidade e autenticidade. Este selo está supervisado pola Asociación de Criadores de Porcos Celtas , entidade oficial encargada da xestión do libro xenealóxico e do programa de mellora da raza.
En Embutidos Montepicato apostamos polo benestar animal e a excelencia en cada produto. Coidamos cada detalle do proceso para ofrecer aos nosos clientes embutidos da máxima calidade, co auténtico sabor tradicional.
INGREDIENTES
- Xamón de porco "Porco Celta"
- Sal
- Conservantes E-252 e E-250
- Antioxidante E-301
- Azucres
INFORMACIÓN NUTRICIONAL
POR 100 GRS |
|
Valor enerxético |
1331 kJ / 319 kcal |
Graxas
|
18,5 g 9,10 g |
Hidratos de carbono
|
9,00 g 0,27 g |
Proteínas |
29,0 g |
Sal |
5,75 g |